16 Set

¡Comeza a X Edición do Outono Gastronómico!

untitled

A X Edición do Outono Gastronómico dará comezo o 16 de setembro e se poderá desfrutar desta promoción ata o 18 de decembre de 2016 coa participación de 92 casas rurais repartidas por toda Galicia.

Esta promoción busca dinamizar o turismo no eido rural e favorecer a desestacionalización do sector. Para iso contan con diversas promocións das que se poderá desfrutar en solitario ou en familia.

Continuar leyendo »

12 Set

Desfile de Entroidos de Galicia 2016

Pantallas de Xinzo de Limia

Dende Maceda a Chantada. Dende a Limia ata Vilaboa. Galicia está chea de Entroidos por practicamente todos os seus recunchos. Algúns coma o de Laza, Verín ou Xinzo de Limia son xa tan populares que non só atraen a visitantes de case todo o mundo, se non que xa son tamén chamados o “triangulo máxico”, en gran parte propiciado tanto pola súa localización coma pola relativa proximidade entre eles.

Pero o Entroido en Galicia non se queda só neles. Os Xenerais da Ulla, os Boteiros ou os Felos son algúns dos moitos outros exemplos que conforman o panorama galego en datas de Entroido e que propician unha auténtica experiencia nestas importantes datas para a nosa comunidade.

Continuar leyendo »

5 Xul

Pontevedra gaña o premio do xurado e Vigo o do público en De Tapas por Galicia.

RESUME GALA TWITTER

Os mellores petiscos de Galicia e os seus creadores reuníronse onte na Cidade da Cultura para a Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, un evento de cociña en directo organizado por Turismo de Galicia co obxectivo de potenciar o turismo urbano e gastronómico. Os pontevedreses Rubén González e Sergio Orge, de El Cafetín, foron recoñecidos polo xurado profesional co Premio Mellor Cociñeiro; mentres que Gerson Iglesias e Carlos Barreira, do Ruxe Ruxe de Vigo, gañaron o Premio Especial do Público.

No acto estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou o altísimo nivel acadado polos chefs do país. Na Gala estaban presentes sete propostas novas e creativas, gañadoras todas elas de concursos de petiscos nas súas respectivas cidades. A final do certame De Tapas por Galicia reuniu no Museo Centro Gaiás  a Siro González (Restaurante Siro González, Santiago de Compostela); Luis Peral (Oido Cocina, A Coruña); Sergio Orge e Rubén González (Cafetín, Pontevedra); Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez (Bodega de Estrella, Ferrol); Gerson Iglesias e Carlos Barreira (Ruxe Ruxe, Vigo); Cristina Dias (Porta da Pía, Ourense); e Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo).

No evento, presentado por Yolanda Vázquez e Quique Morales, os chefs remataron os seus pratos en directo e explicaron o seu proceso de creación. O xurado profesional valorou a orixinalidade e o respecto polo produto galego da tapa gañadora. Formaron parte do panel de expertos Miguel Ángel Campo (presidente do Grupo Nove), Alfonso Cabaleiro (presidente de Galicia Calidade), José Manuel García (xornalista da Radio Galega), Marta Fernández Vázquez (directora do Centro Superior Hostalería de Galicia) e Francisco González López (presidente do Clúster de Turismo).

2 Xul

Todo listo para a Gala Showcooking de Tapas por Galicia do luns 4

IMG_4971red

¡Xa o temos case todo listo! Despois de moitas horas de traballo, está case rematada a montaxe dos escenarios nos que se vai levar a cabo a Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, organizada por Turismo de Galicia para o próximo luns na Cidade da Cultura. Nela, os representantes das sete cidades galegas prepararán os seus pratos en directo, ante os espectadores e o xurado que decidirán os premios Especial do Público e Mellor Cociñeiro.

Coma na edición do ano pasado, a Gala vai resultar moi dinámica e será conducida polos presentadores de televisión Quique Morales e Yolanda Vázquez. Despois de que cada cociñeiro acabe de preparar e explicar a súa tapa, os asistentes poderán probala para comprobar cal é o mellor petisto de Galicia neste 2016.

1 Xul

Un xurado de profesionais decide o luns cal é o mellor prato De Tapas por Galicia

TAPAS XERAL RED

O mellor da gastronomía urbana galega reunirase o próximo luns 4 de xullo na Cidade da Cultura para a Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, na que se decidirá cal é o mellor petisco do país esta temporada. Sete chefs, un por cada gran cidade, presentarán as súas creacións, premiadas xa nos concursos de tapas locais, nun evento organizado por Turismo de Galicia.

De Tapas por Galicia busca promover o turismo urbano e gastronómico aproveitando a puxanza dos cociñeiros galegos, e especialmente a súa creatividade á hora de idear este tipo de pratos de pequeno formato. Na cita estarán presentes a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Na gala do luns, presentada por Yolanda Vázquez e Quique Morales, os chefs rematarán os seus pratos en directo e competirán por dous  recoñecementos, o Especial do Público e o Premio Mellor Cociñeiro. Este último outórgao un xurado formado por Miguel Angel Campo (presidente do Grupo Nove), Alfonso Cabaleiro (presidente de Galicia Calidade), José Manuel García (xornalista da Radio Galega), Marta Fernández Vázquez (directora do Centro Superior Hostalería de Galicia) e Francisco González López (presidente do Clúster de Turismo). Nos dous casos o premio consiste nunha fin de semana nun balneario galego e un trofeo deseñado especificamente para a data polo escultor de Samos Luís Loureira.

O EVENTO
A final do certame De Tapas por Galicia reunirá na Cidade da Cultura a sete chefs galardoados nos concursos das súas respectivas cidades. Representarán a gastronomía das súas respectivas cidades Siro González (Restaurante Siro González, Santiago de Compostela); Luis Peral (Oido Cocina, A Coruña); Sergio Orge e Rubén González (Cafetín, Pontevedra); Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez (Bodega de Estrella, Ferrol); Gerson Iglesias e Carlos Barreira (Ruxe Ruxe, Vigo); Cristina Dias (Porta da Pía, Ourense); e Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo).

30 Xuñ

Os Cachivaches fará unha paisaxe lucense en miniatura

Lugo reducida

Alejandro Méndez, chef da arrozaría Os Cachivaches (Lugo), ex baloncestista, quedou namorado da cociña desde que se decidiu a profundar nela.  Asegura que gañar o Concurso de Tapas de Lugo foi “o mellor que nos pasou, unha marabilla, un subidón tan grande para o  grupo de cociña y de camareiros que saímos a celebralo”. Agora vai pola final galega de De Tapas por Galicia na Cidade da Cultura cun bocado misteriosamente bautizado como Néboa no bosque, “unha paisaxe concentrada en vinte centímetros de diámetro”.

A base é un arroz con queixo do Cebreiro, soia doce e trufa; e a carne de veado cociñada ao punto. A partir de aí, Méndez monta unha paisaxe na que un espárrago simula un piñeiro, o brócoli un carballo, a iuca seca un tronco, as améndoas unhas pedras, unha folla de plátano a herba, un brownie salgado a terra… Ata se simboliza o disparo dun cazador con sopa de arandos. E, despois, o toque final: a néboa, creada no momento con xeo seco e viño mencía quente.

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados